Os nenos e nenas de 2º de primaria do colexio San José visitan o Concello para coñecer o labor desempeñado polo Goberno

A Alcaldesa recibiu este luns no Salón de Plenos a un grupo de 50 alumnos e alumnas duns 7 anos de idade, a quen lles explicou o seu traballo diario así como o funcionamento do Pleno Municipal e a Xunta de Goberno Local

Luns, 28 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os nenos e nenas de 2º de primaria do colexio San José visitan o Concello para coñecer o labor desempeñado polo Goberno

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns, no Salón de Plenos do Concello, a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense plurilingüe San José, que viñan acompañados de 3 mestras.

No encontro, os cativos e cativas, duns 7 anos de idade, amosaron curiosidade polo labor desempeñado polo Goberno Municipal e por cuestión relativas á toma de decisións nun Concello. A rexedora, que atendeu as preguntas dos cativos e cativas, explicoulles o seu traballo diario así como o funcionamento do Pleno Municipal e a Xunta de Goberno Local.

Grazas a este tipo de visitas, a figura de Alcaldesa e concelleiros, así como a das institucións, achégase aos máis pequenos da cidade.

Noticias relacionadas