O YOUNG LAB remata en Lugo

Xoves, 30 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os participantes do proxecto YOUNG LAB, impulsado polo Concello de Lugo e financiado no marco do programa europeo Erasmus+, reuníronse hoxe no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) dentro da cuarta e última fase desta iniciativa que busca idear fórmulas comúns entres os tres lugares participantes –Lugo, Tábua e Florencia- contra o desemprego xuvenil, que en Galicia duplica á media europea, cun 43%. Ao longo do día de hoxe os participantes realizaron diversas dinámicas grupales sobre a actitude cara o emprego, o emprego vocacional e económico, como afrontar os fracasos, o voluntariado como plataforma cara o emprego ou a creatividade como recurso insustituible.

Esta iniciativa, na que particpan uns 50 mozos entre 16 e 30 anos e mediante a cal o Concello quere crear un espazo de encontro, de diálogo e de participación que perdure no tempo e que permita atopar solucións compartidas a temas de interese local, rematará mañá nun encontro no CEI-NODUS. A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, será a encargada de clausurar este encontro ás 16:30 horas, no que se porán enriba da mesa as conclusións de cara a realizar unha declaración de intencións de aplicación de medidas para mellorar o emprego xuvenil.

Noticias relacionadas