Miguel Fernández supervisou os traballos, "pequenos labores que teñen un importante impacto no día a día dos veciños e veciñas destas zonas, cos que se garanten ademais uns accesos dignos"
- Tema

O Goberno de Lugo vén de reformar distintos viais de dous núcleos da parroquia de Coeses, concretamente de Fonte Maior e Pullido. A brigada municipal, encargada das tarefas no medio rural, acometeu estas obras, que consistiron na rexeneración do firme das pistas. A continuación, o Concello intervirá en viais do Burgo.
Para o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen se achegou a supervisar os traballos, "trátase de pequenos labores que teñen un importante impacto no día a día dos veciños e veciñas destas zonas, que garanten ademais á veciñanza do municipio uns accesos dignos, independentemente de onde residan". Con estas intervencións, a entidade local tamén dá resposta a distintas peticións.
A rexeneración do firme destes viais súmase a outras actuacións que o Concello está levando a cabo no medio rural, como o plan de desbroce.