O Executivo de Paula Alvarellos incorpora unha nova pala mixta que será empregada en intervencións no rural e na subsanación de incidencias nas redes de subministración

A nova maquinaria, cun investimento de 112.000 euros, mellorará a capacidade operativa do parque móbil en obras e servizos municipais.

"Esta nova ferramenta reforza a nosa capacidade para ofrecer unha resposta rápida e eficaz nas actuacións sobre infraestruturas," subliñou Ana González Abelleira.

Mércores, 16 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos incorpora unha nova pala mixta que será empregada en intervencións no rural e na subsanación de incidencias nas redes de subministración

O Executivo de Paula Alvarellos reforza o seu parque móbil coa incorporación dunha pala mixta retrocargadora de última xeración, cun investimento de 112.000 euros. Esta nova máquina permitirá mellorar os servizos prestados en toda a extensión do termo municipal, con especial foco nas actuacións que requiren precisión e eficacia, como a limpeza de cunetas, reparacións de estradas e tubaxes, e a retirada de escombros en zonas urbanas e rurais. “O emprego desta maquinaria, de xeito inmediato, permitiranos levar a cabo traballos nas parroquias, así como atender incidencias que poidan acontecer nas redes de subministración”, sinalou a edil Ana González Abelleria.

A nova pala, equipada con equipos auxiliares avanzados, conta cun sistema hidráulico de alta presión e un motor que cumpre cos estándares europeos de emisións, garantindo así a súa eficiencia tanto en tarefas de gran envergadura como en operacións máis delicadas. Este equipamento permitirá unha resposta máis áxil do parque móbil, especialmente en zonas rurais onde a dispersión das parroquias e a necesidade de traballos a longa distancia representan un reto constante.

Ana González Abelleira, concelleira de Cohesión Social e Territorial, resaltou a importancia desta adquisición: "Esta nova ferramenta reforza a nosa capacidade para ofrecer unha resposta rápida e eficaz nas actuacións sobre infraestruturas." Ademais, engadiu: "Con esta pala, melloramos a seguridade e as condicións de traballo do persoal, o que redundará nunha prestación máis eficiente dos servizos públicos."

A máquina conta cun sistema polivalente, que inclúe diversos accesorios para diferentes tipos de traballos, desde perforación de formigón ata movemento de terras, o que a converte nunha peza clave para mellorar a operatividade do Executivo en todo o municipio.

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos incorpora unha nova pala mixta que será empregada en intervencións no rural e na subsanación de incidencias nas redes de subministración

Noticias relacionadas