O Concello de Lugo intégrase na Directiva da Rede de Cidades Intelixentes de España

O edil Miguel Couto acudía hoxe á Asamblea Xeral Ordinaria do RECI en Logroño, en representación do goberno de Lara Méndez

Lugo é un dos dous únicos concellos galegos con presenza na cúpula do organismo estatal

Xoves, 13 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo intégrase na Directiva da Rede de Cidades Intelixentes de España

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, acudía hoxe á Asamblea Xeral Ordinaria do RECI, celebrada en Logroño, en representación da Administración Local.

O concelleiro destacou que Lugo é un dou dous únicos municipios de Galicia, xunto á A Coruña que forman parte da Xunta Directiva do organismo que, xusto no encontro de hoxe, acordaba a súa renovación.

Miguel Couto destacou a importancia de formar parte desta entidade que ten por obxecto xerar unha dinámica de cooperación e unha rede colaborativa entre localidades intelixentesdentro da cal, “Lugo conta cun lugar destacado polos pasos dados até o momento para promover unha xestión automática e eficiente das infraestruturas e os servizos urbanos á par da redución do gasto público”, concluíu.

Noticias relacionadas