- Tema

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten en marcha, entre a programación dirixida á mocidade activa, un calendario de rutas de sendeirismo. Se xa espertaron gran interese as dúas que se celebraron en febreiro, a celebrada o pasado sábado, 30 de marzo, non foi para menos, pois de novo ocupáronse as prazas ofertadas nesta viaxe, que neste caso foi ao Courel, concretamente ao Pico Catro Cabaleiros.
Na seguinte ruta, o Concello convida aos rapaces e rapazas a descubrir a natureza leonesa cunha viaxe ao Bierzo, coa ruta Valle de las Tejadas, de dificultade media e unha distancia a de 14,8 quilómetros. Completa a programación unha ruta á Edreira (Serra de Queixa) o 11 de maio e á Seimeira de Vilagosende, o 29 de xuño.
Todas as persoas interesadas en participar en calquera destas rutas xa poden inscribirse, na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é distinto para cada unha das rutas pode consultarse en www.lugo.gal, no 010, ou na propia Casa da Xuventude.