Maite Ferreiro anuncia a celebración do VI Congreso ‘Nutrición e Sostibilidade’ que acollerá o MIHL

O Museo Interactivo da Historia de Lugo é o espazo escollido para a celebración deste congreso o mércores 22 de novembro, en colaboración coa ADINU.

A programación terá xornada de mañá e de tarde e contará con faladoiros, exposicións, talleres e debates sobre as diferentes alternativas de alimentación.

Maite Ferreiro destacou a importancia destas iniciativas que “supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible”.

Venres, 17 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia a celebración do VI Congreso ‘Nutrición e Sostibilidade’ que acollerá o MIHL

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou a celebración no MIHL do VI Congreso ‘Nutrición e Sostibilidade’ en colaboración coa Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia. A mostra acolle unha programación variada que se estenderá durante a mañá e a tarde do vindeiro mércores 22 de novembro, a través de faladoiros, exposicións, talleres e debates con profesionais do eido a cerca das distintas formas de alimentación existentes.

A concelleira destacou a importancia destas iniciativas que “supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respectuosa co medio”, insistiu Ferreiro. Ademais Maite Ferreiro tamén tivo en conta a escolla de Lugo como escenario do evento, facendo especial fincapé na calidade gastronómica da cidade.

Toda aquela persoa que desexe asistir pode conseguir as entradas ao evento no enderezo online eventbrite.es.

PROGRAMA

Xornada de maña:

  • 9:30 horas -  Entrega de acreditacións
  • 9:45 horas -  Apertura do VI Congreso
  • 10:00 / 11:00 horas – Sostibilidade alimentaria con Antía Porteiro
  • 11:00 / 12: 00 horas – Exposición empresas alimentarias con Gandería Quintián, Landeira e Cátedra del Pan y Orballo
  • 12:00 / 12:45 – Coffee Break
  • 12:45 / 14:15 – Taller fast-food vexetariana

Xornada de tarde:

  • 17:00 / 18:00 horas - Dieta omnívora vs. Vexetariana con Lucía Terzi e Sara Rivas
  • 18:00 / 19:00 horas – Ética e enfoque psicolóxico da dieta Plant-Based
  • 19:00 horas - Peche

Multimedia

  • Maite Ferreiro anuncia a celebración do VI Congreso ‘Nutrición e Sostibilidade’ que acollerá o MIHL

Noticias relacionadas