Luis Álvarez recibe a un grupo de estudantes do Master Internacional de Asesoramento e Consultoria Politica

Xoves, 13 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a un grupo de alumnos do Master Internacional en Asesoramiento de Imagen y Consultoría Política (MAICOP) que se celebra na Universidade Camilo José Cela, e que visitan durante estes dias diversas cidades de Galicia.

Asi, esta mañá visitaron a sede da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo para coñecer de primeira man o funcionamento das mesmas. Dos 35 alumnos deste master un gran número veñen de países como México ou Colombia.

Luis Álvarez deulles a benvida a nosa cidade e invitounos a que en próximas edicións as visitas a Lugo duren máis de un día “para que os participantes poidan coñecer todas as alternativas que ofrece a cidade e poidan transmitilo nos seus países”.

Multimedia

Noticias relacionadas