A Alcaldesa de Lugo participou na xornada de networking coa que Leite Río inaugurou hoxe a segunda edición do proxecto ‘Gandeiras con Actitude Río

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou hoxe na xornada de wetworking coa que Carme Lence, presidenta do Grupo Leite Río, inaugurou hoxe a segunda edición do proxecto ‘Gandeiras con Actitude Río’ enfocado a mulleres gandeiras do sector lácteo que xorde da necesidade de previr e evitar o problema do despoboamento no rural.
A xornada contou coa ponente á Isabelle Gómez Rodríguez, fundadora da empresa Tralo Agro, quen narrou a súa experiencia nunha charla motivadora para todas as mulleres presentes.
A rexedora felicitou a Carmen Lence por “esta iniciativa tan necesaria para debater sobre a realidade dun sector no que a muller, en Galicia, está ao fronte en máis da metade das explotacións agrogandeiras, unha porcentaxe moi superior ao resto das comunidades autónomas”, e lembrou que “a pesar da escasa visibilidade, as mulleres sempre estiveron presentes e activas, xogando un papel fundamental como tractor do rural galego e para manter súa sostibilidade. Sen mulleres no rural non hai esperanza”.
Lara Méndez animou ás mulleres presentes a “tecer redes de apoio” porque son as que “os darán forza para seguir adiante en contornas difíciles e onde aínda queda moitp traballo para conseguir a igualdade e que se recoñeza o papel feminino”.