Entregados os premios do concurso de decoración de escaparates e establecementos no Nadal 2015

Lara Méndez, Carmen Basadre e José María Seijas entregaron os premios aos gañadores deste certame posto en marcha polo Concello en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e a Asociación Provincial de Hostaleiros

Os establecementos lucenses El Edén del Paladar, Pan de Plata e Dímelo con Flores foron os gañadores da primeira edición deste concurso que tiña como finalidade promover a creatividade dos empresarios no seus locais e facelos así atractivos ao público, co obxectivo de incentivar as compras nos seus establecementos

Martes, 26 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os premios do concurso de decoración de escaparates e establecementos no Nadal 2015

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregaron este martes no Salón de Plenos os premios correspondentes ao concurso de decoración de escaparates e establecementos no Nadal 2015. Trátase dun certame posto en marcha polo Concello en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e coa Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo para promover a creatividade dos empresarios no seus locais e facelos así atractivos ao público, co obxectivo de incentivar as compras nos seus establecementos. Ao acto tamén asistiu o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

Lara Méndez agradeceu a implicación tanto dos locais gañadores como dos demais participantes, ao tempo que destacou a boa resposta obtida neste primeiro concurso de escaparates, no que participaron 30 locais, e a orixinalidade na decoración dos escaparates e establecementos, aspecto no que tamén incidiu Basadre.

A rexedora mostrou a súa satisfación ao comprobar que o comercio e hostalería de Lugo responden dun xeito magnífico ás iniciativas postas en marcha polo Concello e animounos a seguir participando nas actividades organizadas polo entidade local.

O primeiro premio de 800 euros foi para o establecemento comercial El Edén del Paladar, quedando deserto o primeiro premio para o local hostaleiro. O segundo premio, dotado de 400 euros recaeu no establecemento Pan de Plata, e o terceiro, de 200 euros, para o establecemento Dímelo con Flores. Todos os gañadores recibiron ademais un diploma acreditativo.

Noticias relacionadas