Os vehículos serán trasladados ao depósito municipal e seguirase o trámite habitual a posteriori
Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, mellora considerablemente a imaxe da cidade e libera prazas de aparcamento

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade. Un total de 13 vehículos que levan varios meses abandonados e que serán trasladados ao depósito municipal “para poder mellorar a seguridade cidadá, dado que algúns deles están totalmente desmantelados”.
Con esta acción liberaranse prazas de aparcamento e mellorarase a imaxe da cidade. Localizáonse vehículos abandonados que será retirados das rúas Isaac Díaz Pardo, Calzada das Gándaras, Hortensia, Río Eo, Panadeiras, Alfonso X O Sabio, Otero Pedraio, Cova da Serpe, Afonso X, Aquilino Iglesias Alvariño, Pintor Villamil, Fontaneira e Camiño Real.
Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, e baseada nos informes da Policía Local, ten como obxectivo mellorar a imaxe de Lugo, e facilitar o aparcamento, coa liberación das prazas ocupadas.