Condena unánime da Corporación municipal por un novo crime machista en Tarragona, da que é a novena vítima de violencia de xénero no que vai de ano

O alcalde e varios edís participaron no minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno para lembrar a Marta, a muller asasinada o venres, que deixa un fillo menor.

Martes, 22 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Condena unánime da Corporación municipal por un novo crime machista en Tarragona, da que é a novena vítima de violencia de xénero no que vai de ano

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto a concelleiras e concelleiros do Goberno local e outros membros da Corporación lucense participaron no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para amosar a súa repulsa e condena ante o crime de Marta, de 44 anos e residente en Tarragona, asasinada o pasado venres pola súa parella. A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou esta morte como un novo crime machista, o que supón que a cifra de mulleres asasinadas no que vai de ano se eleva a nove, e a 1.303 as mulleres que morren a mans das súas parellas ou ex parellas, desde o 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estes asasinatos. 

O minuto de silencio serviu de homenaxe e lembranza a esta veciña de Calafel, que segundo a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero interpuxo denuncias contra o feminicida. Co fillo menor de Marta, os menores orfos por crimes machistas no que vai de ano elévanse a oito, e a 477 nenas e nenos orfos desde 2013.

Noticias relacionadas