Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 22 ao 24 de setembro/23.

Luns, 25 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Altercado en local de hostalería

Na madrugada do día 23 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na Ronda das Fontiñas, é requirida por unha muller que lles informa que dúas mulleres, clientas do bar, insultáranlles a ela e a outra camareira, proferindo frases despectivas pola súa condición de estranxeiras.

Os axentes póñense ao fala coas clientas do establecemento, adoptando unha actitude chulesca e negándose  nun primeiro momento a identificarse, pero cando os policías indícanlles que en caso de persistir na súa negativa serían conducidas a dependencias policiais, mostran a súa identificación, procedendo os axentes para levantar acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción, que no seu grao mínimo sería de ata 10.400 euros e no seu grao máximo ata 30.000 euros.

Así mesmo confecciónase parte de intervención, para a súa remisión á Autoridade Xudicial, á espera que se presenten as correspondentes denuncias.

Intervencións  por agresión

  • Na madrugada do día 23 de setembro, patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na Rolda da Muralla, confluencia coa rúa Santiago, observan que hai unha persoa tirada no chan, rodeada de varias persoas, presentando un forte golpe na parte superior da cabeza, que sangraba.

Os axentes entrevístanse cun amigo da persoa ferida, manifestando que momentos antes discutira cunha persoa, xa que é árbitro de fútbol e recoñecíao e que durante a discusión empuxaron ao seu amigo, provocando que caese ao chan, resultando coas devanditas lesións.

Mentres que unha patrulla auxilia ao ferido, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA, outra patrulla procede á localización e identificación do presunto autor da agresión, manifestando que previo á agresión foi agarrado polo pescozo, polo que non tivo máis remedio que empuxar ao mozo que resultou ferido, para evitar a súa agresión, procedendo á identificación de todas as persoas participantes nestes feitos e dúas testemuñas presenciais, instruíndose dilixencias para a súa remisión á Autoridade Xudicial competente, á espera que a presentación das oportunas denuncias por parte dos participantes nesta liorta.

  • Na madrugada do día 24 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na Rolda da Muralla, observa como hai un gran número de persoas na rúa do Merlo e ao aproximarse observan a un mozo tendido no chan con síntomas de estar inconsciente, polo que é inmediatamente auxiliado, comezando a falar e manifestando que momentos antes fora agredido por unha persoa, sinalando aos axentes a un mozo que se achaba nas inmediacións.

Que á vez que unha patrulla solicita a presenza dunha ambulancia do 061 para a atención do presunto agredido, outra patrulla procede á identificación do presunto agresor, manifestando que tivo que defenderse ante o intento de agresión do mozo que se achaba tendido no chan, instruíndose dilixencias para o Xulgado competente, á espera da presentación das oportunas denuncias por parte dos participantes nestes feitos.

Inspección de establecemento de hostalería

Debido ás continuas molestias para a veciñanza que provoca un local de hostalería da zona da Milagrosa, realízase inspección, levantándose as correspondentes actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:

Á Lei de Espectáculos de Galicia

  • Superación do aforo establecido.
  • Carencia de persoal habilitado para o control de acceso.
  • Carencia de caixa de primeiros auxilios de primeiros auxilios.
  • Carencia de cartel de información sobre o dereito de admisión.
  • Carencia de cartel de información relativa ao titular do establecemento.

Á Lei de Emprendemento de Galicia

  • Carecer de licenza para o exercicio da actividade.
  • Indispoñibilidade de extintores necesarios.
  • Mal estado do establecemento e falta de limpeza e hixiene.

Por todo o anterior remítense ditas actas ao órgano competente para a apertura dos correspondentes expedientes sancionadores.

Localización de vehículo para precintar por embargo

Na noite do día 23, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, procede á localización dun vehículo sobre o que pesaba mandamento xudicial de precinto e depósito, sendo precintado no Depósito Municipal de vehículos ao dispor do órgano xudicial competente.

Auxilio a cidadán

Na tarde do día 24 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase a un edificio da Avenida de Madrid xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade caeuse no interior da súa vivenda e era incapaz de levantarse, observando os axentes que se achaba tirado no chan da habitación, procedendo a auxilialo, incorporándoo e deitándoo de novo na cama, non necesitando asistencia médica.

Noticias relacionadas