Miguel Fernández despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que participan nunha das excursións de verán programadas polo Concello para a zona rural.
Nesta primeira excursión os participantes visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán. A saída desta viaxe foi dende o campo da festa desta parroquia ás 9:00 horas e o regreso está previsto, aproximadamente, para as 20:30 horas ao mesmo punto de saída.
Esta é unha das excursións por Galicia, que organiza a entidade local durante os meses de verán, tanto na zona rural como na cidade, dentro da programación de animación sociocultural.