Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza o programa de excursións de verán no rural, organizado polo Concello dentro da programación de animación sociocultural

Comeza o programa de excursións de verán no rural, organizado polo Concello dentro da programación de animación sociocultural

Miguel Fernández despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural
Domingo, 10 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o programa de excursións de verán no rural, organizado polo Concello dentro da programación de animación sociocultural

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que participan nunha das excursións de verán programadas polo Concello para a zona rural.

Nesta primeira excursión os participantes visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán. A saída desta viaxe foi dende o campo da festa desta parroquia ás 9:00 horas e o regreso está previsto, aproximadamente, para as 20:30 horas ao mesmo punto de saída.

Esta é unha das excursións por Galicia, que organiza a entidade local durante os meses de verán, tanto na zona rural como na cidade, dentro da programación de animación sociocultural.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-o-programa-de-excursions-de-veran-no-rural-organizado-polo-concello-dentro-da