O Goberno de Lara Méndez busca dar apoio ás necesidades básicas, tanto asistenciais como emocionais, da veciñanza que non pode saír á rúa
A concelleira Olga López “existe un colectivo moi amplo de persoas soas que necesitan desde alguén que lles faga a compra como alguén con quen falar”

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores, reforza as liñas telefónicas e o persoal para atender as necesidades básicas daqueles veciños e veciñas que se atopan sós e con problemas de saúde e/o mobilidade.
A edil responsable da área, Olga López, sostén que “estamos xerando os mecanismos necesarios para darlle unha resposta a este amplo colectivo, que pode necesitar que alguén lle faga a compra, vaia á farmacia ou mesmo que teña necesidade de compañía, e aínda que esta compañía física non vai a ser posible polas medidas de prevención polo coronavirus, si se lles acompañará vía telefónica”.
A concelleira sinala que é especialmente importante dar cobertura a estas persoas, tanto desde o punto de vista asistencial como emocional.
Para iso, a área de Benestar reforza as liñas telefónicas ás que poderán chamar:
Estes son os números:
- 982297455
- 982297458
- 982297505
- 982297460