A área de Mobilidade reforzará, a partir do vindeiro luns, as conexións do centro da cidade co Ceao

Rubén Arroxo: “queremos facilitar o transporte a todas as persoas que se ven obligadas a acudir ao banco de alimentos”

A partir do luns, a liña 12 deixará de prestar servizo para reforzar a liña 9

Sábado, 25 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade reforzará, a partir do vindeiro luns, as conexións do centro da cidade co Ceao

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir do vindeiro luns se reforzará a conexión do centro da cidade co Ceao, engadindo un bus máis que realizará o mesmo percorrido que a actual liña 9. Segundo indicou Rubén Arroxo, “debido á gran demanda que está a ter esta liña e ás restricións que puxemos en marcha debido á crise do COVID-19, reforzarase cun novo bus a liña 9”.

A área de Mobilidade anulará temporalmente a liña 12, que conecta o centro da cidade co campus universitario. Segundo indicou Rubén Arroxo, “a liña 14 é unha das menos utilizadas actualmente, e as persoas usuarias desta poden reubicarse, temporalmente, nas liñas 1, 1A e 7”.

O percorrido do reforzo comezará ás 07:30 na praza do Rei, e a última saída terá lugar ás 22:00 na Terminal de Mercadorías do Ceao, rematando a liña na parada de Obras Públicas. Da praza do Rei contunuará por San Roque, parando á hora e 40 minutos en Sindicatos. Continuará pola ronda da Muralla e a avenida da Coruña cara os Craveis, parando na avenida Benigno Rivera e nas Termas. Continuará pola avenida da Industria para parar á hora en punto na terminal de Transportes. Continuará polas rúas Transportes, Industria, Canteiros e Artesáns para volver á avenida Benigno Rivera e Craveis, onde volverá á avenida da Coruña e á ronda da Muralla, parando á hora e 20 en Obras Públicas. Seguirá pola rúa Vilalba e Ramón ferreiro para rematar o percorrido á hora e 30 minutos na praza do Rei.

A pesar do baixo número de persoas ususarias, o concello está a manter o servizo de transporte urbano para dar servizo a quen o preciso dado que, nalgúns casos, é fundamental para que as veciñas e veciños poidan acudir aos seus postos de traballo ou desplazarse a centros sanitarios.

Colaboración co banco de alimentos

Rubén Arroxo anunciou que a área de Participación e Servizos para a Veciñanza remitiu 50 pantallas de protección elaboradas polo IES As Mercedes ao banco de alimentos. Segundo indicou Rubén Arroxo, “realizamos esta colaboración para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio entre as voluntarias e voluntarios do banco de alimentos”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o reforzo da liña 9 | Descargar mp3

Noticias relacionadas