A edil de Gobernanza avanzou que “esta mesma semana tomará posesión o novo bedel”. Mentres, o Concello puxo a disposición do centro un ordenanza municipal.

O executivo de Lara Méndez aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o compromiso de incorporación dunha praza de celador de CEIP dentro da OPE de 2022. Superado este trámite, o acordo terá que contar co visto bo da intervención municipal e “se todo sigue o cauce previsto, mañá ou pasado tomará posesión o novo bedel”, explicou Paula Alvarellos, concelleira de Gobernanza, quen explicou que o seu destino será o CEIP Rosalía de Castro.
Mentres a nova persoa que cubrirá a vacante, trala xubilación do anterior conserxe, non se incorpora a este centro público, o Concello puxo á disposición do mesmo un ordenanza municipal para levar a cabo as funcións correspondentes a este posto. Paula Alvarellos informou, así mesmo, que hoxe tamén tomou posesión o novo bedel do CEIP Illa Verde.
Audio
- Paula Alvarellos, sobre o CEIP Rosalía de Castro | Descargar mp3