Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aprobada a incorporación dunha nova praza de conserxe na OPE de 2022 que se destinará a cubrir a vacante no CEIP Rosalía de Castro

Aprobada a incorporación dunha nova praza de conserxe na OPE de 2022 que se destinará a cubrir a vacante no CEIP Rosalía de Castro

A edil de Gobernanza avanzou que “esta mesma semana tomará posesión o novo bedel”. Mentres, o Concello puxo a disposición do centro un ordenanza municipal.

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Emprego
Mércores, 14 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aprobada a incorporación dunha nova praza de conserxe na OPE de 2022 que se destinará a cubrir a vacante no CEIP Rosalía de Castro

O executivo de Lara Méndez aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o compromiso de incorporación dunha praza de celador de CEIP dentro da OPE de 2022. Superado este trámite, o acordo terá que contar co visto bo da intervención municipal e “se todo sigue o cauce previsto, mañá ou pasado tomará posesión o novo bedel”, explicou Paula Alvarellos, concelleira de Gobernanza, quen explicou que o seu destino será o CEIP Rosalía de Castro.

Mentres a nova persoa que cubrirá a vacante, trala xubilación do anterior conserxe, non se incorpora a este centro público, o Concello puxo á disposición do mesmo un ordenanza municipal para levar a cabo as funcións correspondentes a este posto. Paula Alvarellos informou, así mesmo, que hoxe tamén tomou posesión o novo bedel do CEIP Illa Verde.

Audio

  • Paula Alvarellos, sobre o CEIP Rosalía de Castro | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aprobada-incorporacion-dunha-nova-praza-de-conserxe-na-ope-de-2022-que-se-destinara-cubrir

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/140922_paula_alvarellos.-_conserxe_ceip_rosalia_de_castro.mp3