Alumnos do colexio plurilingüe San José visitan a Casa Consistorial

Ana Prieto recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria neste colexio lucense

Martes, 27 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Colexio San José

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este martes no Salón de Plenos do Concello a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense plurilingüe San José, que viñan acompañados por tres profesoras.

Os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 7 anos de idade, amosaron curiosidade polo funcionamento do Concello, pola labor desempeñada polo Goberno Municipal e por cuestións relativas á cidade. Ana Prieto explicoulles o seu traballo como edil e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas, os que se interesaron por saber como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal. Prieto tamén atendeu ás peticións dos cativos, que interesados polo medio ambiente demandaron máis zonas verdes e máis papeleiras na cidade. Neste senso, os estudantes do colexio San José tamén aproveitaron para pedir máis parques infantís así como máis centros educativos para Lugo.

Os alumnos e alumnas do colexio San José recibiron a edición número 18 da revista Xistral que recolle a obra de 58 poetas galegos e que foi presentada hai uns días no Concello.

Multimedia

  • Colexio San José

Noticias relacionadas