A alcaldesa de Lugo recibe o recoñecemento de Alar Galicia no seu 20º aniversario pola colaboración municipal co proxecto

Lara Méndez agradeceu a labor da asociación e puxo en valor a colaboración que debe existir entre as administracións e a sociedade civil, “porque ese é o camiño correcto”.

Mércores, 05 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo recibe o recoñecemento de Alar Galicia no seu 20º aniversario pola colaboración municipal co proxecto

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu este mércores aos actos conmemorativos con motivo do 20º aniversario da Fundación Alar Galicia, na que estivo acompañada de outras autoridades. a rexedora recibiu unha placa deste colectivo como recoñecemento ao apoio e a colaboración municipal con este colectivo, que traballa por mellorar a calidade de vida dos colectivos máis desfavorecidos.

No acto, no que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, e que tivo lugar no Salón de Actos da Xunta de Galicia, a rexedora agradeceu a gran labor levada a cabo por Alar Galicia nestes 20 anos. “Os vosos proxectos e a voso compromiso son verdadeiramente importantes para poder atender ás persoas que máis o necesitan, e ese papel é especialmente provechoso e apreciado pola sociedade e, polo tanto, tamén para todas aquelas administracións que colaboramos con vós e que estamos implicadas firmemente na mellora do benestar da cidadanía”, sostivo.

Lara Méndez destacou que asociacións como Alar Galicia sodes parte esencial dun tecido social como o de Lugo, moi activo en accións de apoio a grupos e colectivos vulnerables e aos que é mais fácil chegar ás veces desde a sociedade civil que desde as propias administracións”.

A rexedora fixo alusión á situación de pandemia, onde detectáronse como os problemas dos colectivos mais desfavorecidos foron a máis e como se incrementou o número de persoas que percorre aos nosos servizos sociais por primeira vez. “Temos novos usuarios non só a causa dos problemas económicos que as restricións sanitarias están a provocar e as incertezas no mercado laboral, tamén detectamos veciños e veciñas con problemas psíquicos, especialmente xente maior e tamén moita mocidade, porque o esgotamento pandémico nos está a pasar factura de maneira cruel e indiscriminada.

Pensando nesta situación, o Concello de Lugo aprobou nos orzamentos deste ano 31,4 millóns de euros para activar en políticas sociais, o 29,3% do total orzamentado, “que é o investimento máis alto da historia da cidade destinado a fins sociais co firme obxectivo de afianzar o noso compromiso ineludible por conseguir mellores niveis de calidade de vida nos ámbitos urbanos e rural e poder atender solidariamente as necesidades da nosa veciñanza e dos colectivos máis necesitados”, comentou Lara Méndez.

Deste orzamentos, máis de 13,8 millóns de euros destínanse ás políticas de benestar, ás máis vinculadas ás políticas de familia e infancia, emerxencia social, atención ás persoas maiores e dependentes, servizo de axuda a domicilio,  atención á exclusión social, asistencia no Fogar do Transeúnte, reinserción e persoas con discapacidades e con adiccións.

Alar Galicia

Alar Galicia naceu no 2001 coa finalidade de deseñar proxectos de inclusión dos colectivos menos favorecidos, talleres de emprego dirixido a familias sen fogar e persoas maiores, proxectos de investigación para dotar aos colectivos en risco de exclusión social de ferramentas laborais e sociais para que poidan abordar o desenvolvemento integral da persoa.

Noticias relacionadas