Área de Transición Ecolóxica e Medio Rural
Actualidade

A cidade acollerá do 25 ao 28 de xuño o principal campionato estatal de seleccións autonómicas en categorías infantil e cadete.
O campionato foi presentado hoxe na praza da Mosqueira coa presenza do alcalde, Miguel Fernández, e do concelleiro de Deportes, Jorge Bustos.
“É un orgullo que Lugo acolla unha cita desta dimensión, que reforza a nosa posición como cidade de referencia no deporte base”, destacou o alcalde.

O calendario mobilizará preto de 20.000 asistentes ao longo de cinco meses de competicións autonómicas, nacionais e internacionais.
Os eventos previstos permitirán superar os 3,3 millóns de euros de impacto directo, reforzando o posicionamento de Lugo como destino deportivo.
“Cada campionato que chega a Lugo tradúcese en visitantes, en pernoitas e en actividade económica real, e iso é o que nos permite posicionarnos como unha sede de referencia”, sinalou o edil de Deportes, Jorge Bustos.

A actuación, cofinanciada con fondos europeos FEADER, permitirá actuar en máis de 770 quilómetros de pistas.
O contrato estrutúrase en catro lotes que abranguen a totalidade das parroquias do municipio.
“Reforzamos a prevención de incendios e o mantemento do rural cunha intervención planificada e continua en todo o territorio”, destacou o alcalde, Miguel Fernández.

O proxecto persegue recuperar o espazo fluvial desde o punto de vista hidromorfolóxico, ambiental e de naturalidade do río, ao tempo que se habilitan espazos e mecanismos capaces de amortecer os desbordamentos naturais e reducir os riscos asociados ás inundacións.
“Esta histórica intervención permitirá transformar o acceso dos barrios da zona norte ao gran cordón verde da cidade e completar unha rede de espazos naturais e de lecer absolutamente singular, que cobra aínda máis valor nunha cidade como a nosa, a única capital de provincia incluida nunha Reserva da Biosfera”, sinalou Miguel Fernández.
“Actuacións como esta permiten compatibilizar a protección das persoas e dos bens coa recuperación do espazo fluvial e dos seus valores naturais, aplicando solucións baseadas na natureza que contribúen a mellorar o comportamento hidrolóxico do río e a súa integración no territorio”, explicou o presidente Quiroga.
O investimento previsto supera os 2.6 millons de euros; o organismo de conca achegará 2.470.000 euros, o que representa o 95% do importe, mentres que o Concello de Lugo contribuirá con 130.000 euros, o equivalente ao 5% do custo total da actuación.