A nova edición do proxecto "A terra entre as mans" recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, achegouse ata Labio para entregar ás veciñas e veciños do núcleo o calendario de 2026 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.
A edil de Participación comeza deste xeito unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e súa historia".
López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".
Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.


