
O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo para abordar a transformación do treito que conecta esta rúa con Río Sil.

Cristina López e Maite Ferreiro participaron esta mañá na 1ª Andaina solidaria organizada pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU), unha iniciativa aberta á veciñanza que combinou a promoción de hábitos de vida saudables cun paseo polo casco histórico da cidade.

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, mantivo un encontro coas nenas e nenos que formaron parte do proxecto "Camiño ás Aulas", os Vieiros Escolares Seguros organizados pola Tenencia de Alcaldía que p

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, visitou a Feira de Emprendemento Infantil celebrada hoxe na Praza de Abastos e que contou con 60 nenos e nenas de Lugo de 8 a 12 anos que presentaron os seus proxectos á veciñanza.

Máis de 1.200 estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional participaron durante o curso 2024/2025 nos obradoiros municipais de prevención de adiccións desenvolvidos en centros educativos da cidade, unha iniciativa que permitiu achegar accións preventivas a un amplo núme

O Concello de Lugo está a ultimar a renovación dun tramo do colector de saneamento na rúa Chantada, entre os números 42 e 46 e ata a intersección con Xermán Alonso, unha zona na que se rexistraban problemas de atascos, acumulación de sedimentos e incidenci

O Concello de Lugo incorporará un axente local de innovación para impulsar os programas de vangarda tecnolóxica das distintas áreas e concellerías, con especial atención aos plans máis avanzados do proxecto Novo Norte, como pode ser a creación e posta en funcionamento da

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou xunto coa concelleira de Educación, Iria Buide, na gala final da edición 2025 da iniciativa EnRedando co Galego, que este ano contou coa participación de preto de 400 estudantes de distintos institutos de

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, deu conta dos asuntos aprobados hoxe na Xunta de Goberno, entre os que se inclúen a renovación do contrato de material de protección individual para o persoal do Mercado e do Cemiterio e o convenio coa AGADIC para traer novas actividades cul

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez organizan este domingo unha nova edición do Torneo de Xadrez Escolar de Nadal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »