Actualidade

Ex., 01-06-2026
Ex., 01-06-2026
Martes, 23 de setembro de 2025
Irene Huéscar Villapún, de 11 anos, dará imaxe ao San Froilán Miúdo

Un xurado composto por Marga Portomeñe, Eduardo Rodríguez e Iván Mouronte, escolleu o deseño 'Barracas' entre máis dunha decena de propostas.

Maite Ferreiro: "O San Froilán Miúdo contará con 8 espectáculos na carpa do Seminario, ademais de xogos tradicionais, 4 espectáculos itinerantes e outras actuacións de rúa".

Martes, 23 de setembro de 2025
O Goberno de Lugo permitirá aos locais de hostalería colocar caldeiros de polbo durante o San Froilán

Rubén Arroxo: "Un ano máis, permitiremos que os distintos locais de hostalería vendan o polbo nas rúas de Lugo".

Luns, 22 de setembro de 2025
O alcalde, Miguel Fernández, valora que “o Caudal Fest demostrou que é unha aposta gañadora para Lugo e que hoxe xa é unha cita consolidada”

O festival encheu a cidade durante dous días de música, cultura e convivencia, situando a Lugo como epicentro do verán galego.

A iniciativa, impulsada polo Concello de Lugo nos seus inicios, conta hoxe co respaldo de diferentes administracións, pero segue a ter no Concello o seu principal apoio institucional.

O rexedor destacou que “o Caudal non é só música: é emprego, hoteis completos, hostalaría a pleno rendemento e unha proxección cultural enorme para a cidade”.

Luns, 22 de setembro de 2025
González Abelleira reúnese coa veciñanza de Conturiz para explicar os tres proxectos que o Concello desenvolverá na parroquia

O Goberno local investirá máis de 297.000 euros en actuacións que mellorarán o abastecemento de auga e o firme viario na estrada  Castro–San Amaro–Conturiz.

“Son proxectos necesarios para garantir servizos básicos e mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural”, subliñou a concelleira de Cohesión Territorial.

O Concello lembra que este tipo de obras forman parte da estratexia municipal para avanzar na cohesión territorial emellora da calidade de vida na zona rural.

Luns, 22 de setembro de 2025
O Concello amplía en 70 prazas os cursos de ximnasia e natación para maiores, tras esgotarse as 330 ofertadas

Establécense 50 prazas para a piscina de Frigsa, distribuídas entre os cinco grupos xa existentes, e un curso máis de 20 persoas nas instalacións de As Pedreiras.

A matrícula farase os días 24, 25 e 26 de setembro nas oficinas de Frigsa, en horario de 8.00 a 14.00, por un importe de 7,90 euros anuais por cursos con tres sesións semanais. 

A área de Deportes lembra que con esta ampliación alcanzaranse as 400 prazas dunha das actividades de maior aceptación e coas que se pretende favorecer o ocio saudable.

Venres, 19 de setembro de 2025
O alcalde destaca o valor do arte urbano como ferramenta de intervención na paisaxe lucense na súa visita á Praza do Castiñeiro

O artista Yoe33 executou o mural, comisariado por Concepto Circo e Diego As, nun proxecto moi participativo e que reflicte a poboación deste barrio lucense.

“O arte urbano é unha ferramenta fundamental para rexenerar a contorna pública da nosa cidade. Desde o noso goberno seguiremos promovendo este tipo de creación artísitica para embelecer os noso barrios”, sinalou o rexedor.

Lugo consolídase como unha das referencias europeas a través do programa Urban Cores, con máis dunha ducia de intervencións artísticas nos últimos anos, algunhas delas xa parte do patrimonio histórico artístico da cidade.

Venres, 19 de setembro de 2025
A Corporación Municipal de Lugo amosa a súa condena unánime ante o xenocidio do pobo palestino en Gaza

Representantes de todos os grupos políticos gardaron un minuto de silencio fronte á Casa Consistorial en repulsa polos ataques de Israel á poboación palestina, en memoria das máis de 60.000 vítimas e en sinal de compromiso coa defensa dos dereitos humanos.

Venres, 19 de setembro de 2025
O Concello cede gratuitamente as instalacións municipais a 18 escolas deportivas para a práctica doutras tantas disciplinas

As actividades desenvólvense nos polideportivos de Frigsa, do Palomar e no Daniel Cordido; na Casa do Deporte; na Piscina de As Pedreiras e no Pavillón dos Deportes.

Co emprego sen custo destas instalacións, o Goberno Local quere favorecer a marcha destas escolas; promover a actividade física entre a xente moza e apoiar ó deporte base.

O edil Jorge Bustos agarda que “a alta participación nestas escolas reflicte o interese da veciñanza nestas actividades e a boa sintonía entre o Concello e os clubs locais”.

Páxinas