Actualidade

O alcalde destacou a importancia desta incorporación para reforzar os servizos municipais vinculados á comunidade educativa.
No acto tamén participou a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira.
“Estas incorporacións permiten seguir fortalecendo o persoal municipal e mellorar a atención aos centros educativos da cidade”, subliñou o rexedor.
Detido en Lugo un home por agredir cun coitelo ao seu sobriño no domicilio familiar.

O alcalde salienta “o importante esforzo do servizo, tanto en medio humanos como técnicos, para que tanto veciños como visitantes atoparan un Lugo coidado e limpo”.
O balance semella ao do ano pasado, no que se recolleron 115.000 quilogramos máis nos once días das patronais, cun operativo máis reforzado e que actuou desde a madrugada.
Miguel Fernández cre que “nótanse as campañas de concienciación postas en marcha polo Concello”, pero “aínda é necesario corrixir certos comportamentos incívicos”.

O Goberno local aproba a licenza definitiva para a reforma integral da Protectora e insta á Xunta a pechar o convenio de financiamento conxunto co Concello e a Deputación.
A Xunta de Goberno Local adxudica ao CD Lugo o uso do campo municipal José Carballido Cerceda, reforzando a colaboración co club e o apoio ao deporte lucense.
O Concello continúa coa revisión de licenzas antigas e declara a caducidade dun permiso de 1992 para un edificio sen rematar na rúa Serra de Meira.
A edil Ángeles Novo invita á cidadanía a participar nesta iniciativa que busca poñer o foco “no papel protagonista das mulleres no desenvolvemento sostible do rural no municipio”.
A Aula da Natureza do Veral será o punto de partida e chegada deste percorrido de 3,5 quilómetros e de dificultade baixa, no que se empregará pouco menos de dúas horas.
A concelleira de Muller sinala que “con esta actividade faremos fincapé na necesidade de desterrar as desigualdades que aínda son máis acusadas no medio rural”.

O Concello de Lugo continuará gradualmente coa rehabilitación deste mobiliario público noutros barrios. De feito acaba de comezar o arranxo doutros 59 na Fonte dos Ranchos.
O alcalde sinala que “estas actuacións demostran o compromiso do Goberno Local por mellorar a calidade de vida da veciñanza, para que atope nestas contornas un espacio coidado de ocio, descanso e socialización”.
A brigada de Parques e Xardíns xunto á concesionaria do mantemento dos máis de 1,3 millóns de metros cadrados de zonas verdes de Lugo ocúpanse destes traballos.

Os inspectores José Manuel Río e José Luis Piñeiro xuraron o seu cargo, co que fan efectivo o seu ascenso dentro do organigrama de mandos do corpo municipal.

“Mesmo a data comprometida para 2026 xa era tarde: este proxecto leva máis dunha década de atraso”, advertiu o rexedor.
“A falta de investimento da Xunta supón un agravio comparativo para a cidadanía e o tecido produtivo lucense”, destacou Fernández.
“Lugo merece respecto, merece investimento e merece feitos, non anuncios que se pospoñen ano tras ano”, concluíu o alcalde.

A actividade celebrarase o xoves 16 de outubro, en horario de mañá e tarde, con sesións abertas e gratuítas en diferentes prazas e parques da cidade.
A iniciativa conta coa colaboración do Colexio Oficial de Médicos, o Ilustre Colexio de Enfermaría de Lugo e o servizo de Cardioloxía do HULA, no marco do programa municipal ‘Lugo con Corazón’
A concelleira Olga López Racamonde destacou que “con accións coma esta queremos achegar á cidadanía coñecementos básicos de RCP e normalizar o uso dos desfibriladores como dispositivos que salvan vidas.”
O alcalde Miguel Fernández subliñou que “a implicación da veciñanza é clave para consolidar a Lugo como unha cidade cardiosaudable e comprometida co benestar común.”

O Vivero de Empresas municipal acolleu nos últimos meses oito iniciativas que consolidan a presenza de novos emprendedores e emprendedoras en Lugo.
As propostas abranguen ámbitos tan diversos como a creatividade, a tecnoloxía, a alimentación, a saúde, o turismo e a moda sostible.
O concelleiro de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Mauricio Repetto, subliña que “o CEI-NODUS non é só unha infraestrutura, senón unha comunidade que axuda a transformar ideas en proxectos reais e proxectos en oportunidades de futuro”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »