Actualidade

Ex., 15-04-2026
Ex., 15-04-2026
Xoves, 22 de xaneiro de 2026
O Goberno local reclama á Xunta que financie o custo real do SAF e elimine a lista de agarda que afecta a 618 persoas en Lugo

O Concello lembra que o novo acordo Xunta–Fegamp segue deixando nos municipios un custo que non lles corresponde, pese á subida progresiva ata 18 euros por hora.

Lugo continúa cunha lista de agarda de 618 persoas no SAF de dependencia e asumindo competencias impropias para garantir atención ás persoas maiores.

“O acordo recoñece por fin o infrafinanciamento, pero segue sendo insuficiente: a Xunta debe asumir o que marca a lei”, afirma Olga López Racamonde.

Mércores, 21 de xaneiro de 2026
O Goberno Local reforza a area de Persoal coa incorporación dun funcionario de carreira, que hoxe tomou posesión da súa praza

O alcalde salientou que “con este nomeamento seguimos reforzando os servizos municipais e afrontando novos retos en materia de persoal”.

Mércores, 21 de xaneiro de 2026
Os tres artistas que desenvolverán os seus proxectos no Coliving do Carme, cos que poñer en valor o Camiño Primitivo e o patrimonio rural, coñecen as instalacións municipais

Acompañados polo concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Reppeto, visitaron os edificios que albergarán as súas residencias artísticas durante tres meses.

As tres persoas seleccionadas, procedentes de Ourense, Cantabria e A Coruña, comezarán os seus proxectos multidisciplinares o vindeiro mes de febreiro.

As obras expoñen a creación dunha cancela artística nada da artesanía téxtil galega; unha intervención de pintura sobre teas de lino e unha instalación que une danza e bordado.

Luns, 19 de xaneiro de 2026
Alcaldía presentará en Fitur a campaña ‘Lugo, un encontro coa historia’, para afianzar o plan de internacionalización do Arde Lvcvs

Para o rexedor “a nosa campaña divulgará o gran potencial de Lugo, centrándonos nun evento que é piar fundamental na promoción turística da cidade”.

Darase protagonismo aos 25 anos desta festa, como parte dunha estratexia máis ampla que contempla a presencia, no mes de febreiro, na BTL de Lisboa e o Arde Lvcvs Cultural.

Jorge Bustos adianta que, do 17 ao 19 de abril, Lugo albergará a Asamblea Nacional de la Asociación Española de Fiestas de Recreación Histórica, coa asistencia de representantes de máis de 60 eventos deste tipo.

Luns, 19 de xaneiro de 2026
A Corporación local súmase ao minuto de silencio en memoria das víctimas do accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba

A Subdelegación do Goberno convocou este acto para lembrar as persoas falecidas a consecuencia do choque de dous trens en Adamuz.

Domingo, 18 de xaneiro de 2026
Lucus Ensemble, Devacas e Ara Malikian formarán parte da programación cultural do Concello de Lugo  no primeiro semestre do ano  Ferreiro: "seguimos apostando por unha programación cultural diversa, enchendo de cultura todas as instalacións municipais e as rúas ao longo do ano"

Lucus Ensemble, Devacas e Ara Malikian formarán parte da programación cultural do Concello de Lugo  no primeiro semestre do ano.

Ferreiro: "seguimos apostando por unha programación cultural diversa, enchendo de cultura todas as instalacións municipais e as rúas ao longo do ano".

Sábado, 17 de xaneiro de 2026
Cristina López inaugura no Vello Cárcere a exposición 'Mobiliario vestido' do escultor Piquico

A mostra poderá visitarse nas celas de mulleres ata o 28 de febreiro.

López: "seguimos a traer propostas de interese ao Vello Cárcere, explorando o entroido galego desde o punto de vista da escultura".

Sábado, 17 de xaneiro de 2026

O Goberno local presentou este venres toda a documentación esixida polo Goberno do Estado, dentro do prazo oficial, culminando semanas de traballo técnico e coordinación institucional.

A proposta conta co apoio unánime do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións, no que están representadas Concello, Xunta, Deputación e CEL.
 
O alcalde subliña o valor do consenso institucional: “Cando Lugo traballa unido, con rigor e con responsabilidade, pode competir con forza por proxectos transformadores”.

Venres, 16 de xaneiro de 2026
Rematan as obras previas á reforma integral que acometerán Concello e CHMS na rúa Fermín Rivera

Os traballos de limpeza dos colectores concluíron onte á tarde, con camións de gran potencia para lavar con auga a presión e proceder a succionar os residuos existentes.

Operarios da brigada de sinalización comezarán a retirar as vallas colocadas para realizar estas obras, para que sexa posible estacionar ao longo das dúas marxes desta rúa.

O alcalde destaca que as actuacións de limpeza nos colectores de saneamento permitirá una execución máis eficiente da reforma integral desta vía, prevista no acordo co Organismo da Cunca.

Xoves, 15 de xaneiro de 2026
O alcalde destaca en Viana do Castelo a capacidade de cooperación do Eixo Atlántico para avanzar no eido das infraestruturas para evitar as desigualdades territoriais

O rexedor, como presidente do organismo galaico-portugués, asistiu hoxe á presentación do informe socio económico en Portugal que sentará as liñas de actuación para o actual mandato.

Fernández advertiu de que as actuais políticas de investimento da Xunta están a consolidar “unha Galicia de dúas velocidades”, na que “o eixo da AP-9 segue acumulando recursos, proxectos e oportunidades mentres a Galicia interior queda atrás”.

Esta preocupación vese reforzada polos datos dos Orzamentos da Xunta para 2026, que asignan 5.507 millóns de euros á provincia da Coruña e 4.083 millóns a Pontevedra, fronte aos 1.867 millóns destinados a Lugo e 1.733 millóns a Ourense, evidenciando un claro desequilibrio territorial en termos de investimento global.

Páxinas