Rexeneración de pavimento e renovación de servizos en Ronda das Fontiñas. Tramo de Caiñós - Rúa San Xillao

Orzamento de licitación 571.000,83 €
Orzamento de adxudicación 371.149,35 €
Data de inicio 26 de setembro de 2014

Demolición do firme e saneo da explanada na zona deteriorada da calzada dereita en dirección a Avenida de Madrid. Renovación do pavimento da calzada neste tramo. Renovación da rede de abastecemento na beirarrúa deste tramo de actuación, con reposición do pavimento estrictamente na zanxa de abastecemento. Reparación da rede de saneamento nos tramos nos que se ten coñecemento dun mal funcionamento da mesma.