Repavimentación no núcleo histórico. Rúa dos Clérigos

Orzamento de licitación 74.559,30 €
Orzamento de adxudicación 65.537,52 €
Data de inicio 22 de novembro de 2012
Data de finalización 21 de decembro de 2012

As actuacións nas rúas do casco histórico baseáronse nos últimos anos na renovación das zonas de pavimento que se atopan máis deterioradas, coincidindo fundamentalmente coas executadas en adoquín e determinadas zonas puntuais de granito.

Na Rúa dos Clérigos planéase a renovación do pavimento de adoquín existente mediante a colocación dun novo pavimento de adoquín prefabricado, de características similares ao adoquín actual.