Visitas teatralizadas gratuítas para toda a familia, unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán

Rosana Rielo presentou a programación, que arrincará este domingo. Celebrarase unha ao mes ata xuño, ás 17:30 horas: 24 de marzo, 28 de abril, 19 de maio e 23 de xuño

A asistencia é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197

Mércores, 20 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Visitas teatralizadas gratuítas para toda a familia, unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este mércores, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán: visitas teatralizadas. Trátase de coñecer a historia do cemiterio e da cidade a través dos ollos das personalidades que descansan entre os seus muros, a través da intervención teatral Quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro, cuxos representantes tamén estiveron na presentación.

"Isto non deixa de ser unha aposta máis polo noso cemiterio, como un elemento turístico importante e como un elemento de recoñecemento; pola nosa historia e polo teatro", subliñou Rosana Rielo, quen avanzou que estas visitas, ademais de falar de personalidades, farán paradadas en distintos elementos do camposanto, como o Mauselo dos Ventosinos, o de García Abad, o Cristo Redentor de Asorei, o Xardín dos Arumes ou a Cruz dos Soldados Repatriados.

Tal e como anunciou a edil, celebrarase unha ao mes, de febreiro a xuño, ás 17:30 horas. Arrincarán este domingo, 24 de febreiro, e continuarán o 24 de marzo, o 28 de abril, o 19 de maio e o 23 de xuño. Este primeiro domingo falarán Eloi Maquieira e Alfredo Vila, arquitectos encargados da realización do cemiterio, e a persoeira Matilde, que centrará esta visita guiada. Os textos desta primeira visita son de Lourdes Abuide.

A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemitrios, na Ronda da Muralla, 197.

Audio

Multimedia

  • Visitas teatralizadas gratuítas para toda a familia, unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán

Noticias relacionadas