A páxina web do Concello, o 010 e o tablón de anuncios do Concello publican o requerimento de documentación do (Con) trato feito!

Os interesados poden entregar a documentación que se lles solicita ata o venres 25 de novembro, no Rexistro Xeral do Concello. Teñen máis información no 982-297-468 e no mail contratofeito@concellodelugo.org

Venres, 11 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A páxina web do Concello, www.lugo.gal, o Servizo de Información Municipal 010 e o tablón de anuncios do Concello publican hoxe o requerimento da documentación, por non presentala ou por ser incompleta, das máis de 150 empresas e asociacións sen ánimo de lucro que solicitaron ser beneficiarias polo primeiro plan de emprego 100% municipal, (Con) trato feito!. Os interesados poden entregar dita documentación ata o venres 25 de novembro, no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla, 197, de luns a venres, 09:00 a 14:00 horas. O persoal da área de emprego, que o Concello reforzou a pasada semana coa incorporación dun técnico, tras ser declarado o servizo como esencial, tamén enviará dita comunicación ao mail que facilitaron todos os e as solicitantes, do mesmo xeito que se lles informara sobre a ampliación do prazo, ata o 31 de decembro, para a resolución de dito plan.

Todas as empresas (liña A) e entidades sen ánimo de lucro (liña B) teñen máis información no teléfono 982-297-468 e no mail contratofeito@concellodelugo.org. Tras a valoración da documentación, seleccionaranse as beneficiarias deste plan, e logo arrincará o proceso de selección dos desempregados. As entidades deberán asinar coa traballadora ou traballador un contrato inicial en calquera das modalidades previstas legalmente, por un período mínimo de 12 meses, en xornada laboral a tempo completo ou a media xornada.

(Con) trato feito! está dotado de 1.150.000 euros e contempla dúas liñas de axudas, unha destinada para empresas, dotada con 920.000 euros, e outra para entidades sen ánimo de lucro, duns 230.000 euros. Para a primeira as liñas serán subvencionables o 70% dos custos salariais e para a segunda, o 100%. Crearanse ao redor dun cento de empregos.

A selección de empresas ou entidades será en concorrencia competitiva e atenderá a criterios sociais, como favorecer a conciliación familiar, ofertar ao contratado bolsas de estudo, plan de pensións ou seguros médicos, así como amparar a contratación de colectivos desfavorecidos, como parados de longa duración, mulleres ou maiores de 50 anos.

Audio

Noticias relacionadas