O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER

En xornada de mañá, o Concello, a través de Europe-Direct Lugo, celebra un acto institucional, coa lectura dun manifesto, o izado da bandeira europea e a interpretación do himno

En quenda de tarde, os máis cativos e cativas poderán gozar, de balde, co xogo da mariola, un obradoiro de pintacaras e un taller de puzzles. Marco Topo tamén agasallará o seu xogo Lugo Muramiñae

Luns, 06 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebra este xoves, 9 de maio, o Día de Europa con distintas actividades. O obxectivo da celebración desta xornada é achegar á cidadanía luguesa a realidade europea, de aí que a entidade local convide a toda a veciñanza a tomar partido nesta programación, na que se enxalza a importancia da pertenza á Unión Europea, neste caso baixo o lema Aprendemos a facer Europa.

As actividades arrincarán ás 12:00 horas cun acto institucional, como vén sendo habitual, que terá lugar diante do Concello, coa lectura do manifesto conmemorativo, así como o izado da bandeira europea e a interpretación do himno europeo. A maiores, haberá dous photocalls instalados, xa dende as 11:00 horas e ata a última hora da tarde.

Xa de tarde, a partir das 17:00 horas, haberá unha programación especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con diversos xogos e actividades infantís, neste caso, de caracter divulgativo e de coñecemento da estratexia DUSI, denominada Muramiñae: da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Celebraranse na Praza Maior, e en caso de choiva no patio do Vello Cárcere. Son de caracter aberto e de balde.

Concretamente, os nenos e nenas poderán gozar co xogo da mariola, neste caso saltando nas liñas estratéxicas desta estratexia, así como un obradoiro de pintacaras e un taller de puzzles. Para este día, o Concello tamén convidou a Marco Topo, que agasallará o xogo Lugo Muramiñae aos cativos e cativas da festa.  Ás 18:30 horas, entregaranse os premios do Certame de debuxo, Descontaminación do Carme e ao longo da tarde haberá unha mesa informativa sobre o Día de Europa.

Multimedia

  • O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER
  • O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER
  • O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER

Noticias relacionadas