Lugo inaugura a XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A exposición, con 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal, poderase visitar no Vello Cárcere ata o 30 de decembro. A partir de 2024, a Bienal de Pintura percorrerá, até outubro, diferentes cidades do Eixo Atlántico.

Xoves, 23 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo inaugura a XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse esta tarde no Vello Cárcere de Lugo, onde se poderá visitar ata o 30 de decembro. Ao acto asistiron Mauricio Repetto Morban, tenente de alcaldesa de Dinamización Económica de Lugo, Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, João Ribeiro da Silva, Xefe da Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Durante a inauguración fíxose entrega dos premios:

  • 1º Premio: O corpo da paisagem de Ricardo de Campos.
  • 2º Premio: Dactilografia de um sonho de Margarida Gomes.
  • Premio Novos Talentos: Nem Uma Passa? de Gonçalo Ribeiro.

Os galardóns, nesta edición, ascenden a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos, para mozos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos de idade.

A exposición conta con obras dunha ampla variedade estética e técnica. Das 104 obras presentadas, 25 foron seleccionadas polo xurado formado por Helena Mendes Pereira, que o presidiu, e tamén Sara Pérez Bello, designada pola Xunta de Galicia, João Ribeiro da Silva, designado pola Direção Regional de Cultura do Norte, Patrícia Oliveira, designada polo Instituto Português do Desporto e da Juventude e Tito Senna, gañador da XIII Bienal, secretariado por Marta Ferreira do Eixo Atlántico.

A partir do mes de xaneiro de 2024, a exposición percorrerá, até outubro, as cidades de Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real, Vila Nova de Gaia, Barcelos e Monforte de Lemos.

Máis info

  • Catálogo da XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico | Descargar pdf

Multimedia

  • Lugo inaugura a XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
  • Lugo inaugura a XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Noticias relacionadas