Lara Méndez recibe aos profesionais que participarán na II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria

A segunda edición destas xornadas terá lugar os días 1 e 2 de outubro no Auditorio do Vello Cárcere, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores (1 de outubro).

As II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores tamén poderán seguirse a través de internet.

Xoves, 30 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe aos profesionais que participarán na II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria

A alcaldesa Lugo Lara Méndez recibiu esta tarde aos profesionais que participarán na II Xornadas de traballo: atención sociosanitaria ás persoas maiores no Concello de Lugo, asistirán. Ao encontro tamén asistiu Olga López Racamonde, Concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores.

A rexedora agradeceu a implicación de todos os asistentes para que estas xornadas se puideran levar a cabo novamente e aproveitou a ocasión para convidar aos profesionais a gozar da cidade de Lugo mentres duren as xornadas. Aproveitou a ocasión para entregar, o pin de prata do Concello “como regalos institucionais de todas e todos os lucenses”.

Á recepción asistiu José Ramón Martínez Calvo, médico adxunto do Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti; Miguel Ángel Vázquez Vázquez, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría; María del Rocío Malfeito Jiménez, xefa do Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti; José Manuel Marín Carmona, médico especialista en Xeriatría e Coordinador do Programa de Memoria e Demencias e Director do Centro Municipal de Envellecemento Saudable do Concello de Málaga.

As II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores poderán seguirse en internet, grazas ao Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo que ofrece a súa retransmisión en streaming a través dos seguintes enlaces:

Máis info

  • II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores (Programa Definitivo) | Descargar mp3

Noticias relacionadas