Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe aos profesionais que participarán na II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria

Lara Méndez recibe aos profesionais que participarán na II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria

A segunda edición destas xornadas terá lugar os días 1 e 2 de outubro no Auditorio do Vello Cárcere, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores (1 de outubro).

As II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores tamén poderán seguirse a través de internet.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Protección da comunidade
Xoves, 30 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe aos profesionais que participarán na II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria

A alcaldesa Lugo Lara Méndez recibiu esta tarde aos profesionais que participarán na II Xornadas de traballo: atención sociosanitaria ás persoas maiores no Concello de Lugo, asistirán. Ao encontro tamén asistiu Olga López Racamonde, Concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores.

A rexedora agradeceu a implicación de todos os asistentes para que estas xornadas se puideran levar a cabo novamente e aproveitou a ocasión para convidar aos profesionais a gozar da cidade de Lugo mentres duren as xornadas. Aproveitou a ocasión para entregar, o pin de prata do Concello “como regalos institucionais de todas e todos os lucenses”.

Á recepción asistiu José Ramón Martínez Calvo, médico adxunto do Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti; Miguel Ángel Vázquez Vázquez, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría; María del Rocío Malfeito Jiménez, xefa do Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti; José Manuel Marín Carmona, médico especialista en Xeriatría e Coordinador do Programa de Memoria e Demencias e Director do Centro Municipal de Envellecemento Saudable do Concello de Málaga.

As II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores poderán seguirse en internet, grazas ao Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo que ofrece a súa retransmisión en streaming a través dos seguintes enlaces:

  • Venres de mañá:  https://youtu.be/rj1O5YwhfDg [1]
  • Venres de tarde: https://youtu.be/jIQ79AMPOXY [2]
  • Sábado de mañá: https://youtu.be/GiOPxQypiRs [3]

Máis info

  • II Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores (Programa Definitivo) | Descargar mp3 [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-aos-profesionais-que-participaran-na-ii-xornadas-de-traballo-na-atencion

Ligazóns:
[1] https://youtu.be/rj1O5YwhfDg
[2] https://youtu.be/jIQ79AMPOXY
[3] https://youtu.be/GiOPxQypiRs
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/programa_definitivo_xornadas_maiores.pdf