Este xoves 17 de novembro celebrarase unha xornada de presentación do programa Coworking de Lugo no CEI

Nesta xornada participará o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que explicará consellos de utilidade para todas as persoas interesadas en emprender

Mércores, 16 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O CEI-Nodus acollerá unha xornada de presentación do programa Coworking de Lugo, que nse celebrará este xoves, 17 de novembro, ás 19:00 horas. Nesta xornada participará o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que explicará consellos de utilidade para todas as persoas interesadas en emprender.

Grazas a este programa, os emprendedores e emprendedoras de Lugo poderán recibir apoio integral para crear con éxito novas empresas grazas ao espazo coworking que se habilitou no Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), no marco dunha actuación impulsada conxuntamente polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI), coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE).

Coworking de Lugo pretende darlle un impulso ao emprendemento, proporcionándolles a todos as persoas que queiran emprender os recursos precisos para que o seu proxecto sexa solvente, tanto espazos de traballo, como formación ou titorización. Así, esta iniciativa consiste nun acompañamento paso a paso para lanzar un proxecto con garantías de futuro. O prazo para inscribirse na primeira fase está aberto ata o 28 de novembro, a través da web www.lugo.gal ou en www.eoi.es.

Noticias relacionadas