Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este xoves 17 de novembro celebrarase unha xornada de presentación do programa Coworking de Lugo no CEI

Este xoves 17 de novembro celebrarase unha xornada de presentación do programa Coworking de Lugo no CEI

Nesta xornada participará o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que explicará consellos de utilidade para todas as persoas interesadas en emprender

  • Tema
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Políticas activas de emprego,
    • Fomento do emprego
Mércores, 16 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O CEI-Nodus acollerá unha xornada de presentación do programa Coworking de Lugo, que nse celebrará este xoves, 17 de novembro, ás 19:00 horas. Nesta xornada participará o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que explicará consellos de utilidade para todas as persoas interesadas en emprender.

Grazas a este programa, os emprendedores e emprendedoras de Lugo poderán recibir apoio integral para crear con éxito novas empresas grazas ao espazo coworking que se habilitou no Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), no marco dunha actuación impulsada conxuntamente polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI), coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE).

Coworking de Lugo pretende darlle un impulso ao emprendemento, proporcionándolles a todos as persoas que queiran emprender os recursos precisos para que o seu proxecto sexa solvente, tanto espazos de traballo, como formación ou titorización. Así, esta iniciativa consiste nun acompañamento paso a paso para lanzar un proxecto con garantías de futuro. O prazo para inscribirse na primeira fase está aberto ata o 28 de novembro, a través da web www.lugo.gal [1] ou en www.eoi.es [2].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-xoves-17-de-novembro-celebrarase-unha-xornada-de-presentacion-do-programa-coworking-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] http://www.eoi.es