Espectacular acollida da segunda conferencia do programa Achegando a ciencia ao Vello Cárcere

En previsión da espectación do inicio deste ciclo, o Concello habilitou onte o patio do Vello Cárcere e o auditorio deste centro para gozar coa conferencia sobre a relatividade xeral de Edelstein. Estímase que unhas 300 persoas ateigaron ambos os dous espazos para descubrir O discreto oleaxe do cosmos

A seguinte charla terá lugar o 9 marzo e será a cargo de María Elena Vázquez, que centrará a conferencia nas matemáticas, base de todo coñecemento científico, e aproveitando que se celebra o Día Internacional da Muller, tratará o papel da muller na ciencia

Venres, 19 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Espectacular acollida da segunda conferencia do programa Achegando a ciencia ao Vello Cárcere, que tivo lugar onte á tarde neste centro cultural, coa finalidade de achegar as principais teorías científicas á cidadanía dun xeito sinxelo e amable. Deste xeito continúa o éxito deste ciclo, posto en marcha polo Concello e o colectivo Caladiños o pasado mes de decembro.

En previsión da espectación do inicio deste ciclo, "toda unha sorpresa", o Concello habilitou onte o patio do Vello Cárcere e o auditorio deste centro para gozar coa conferencia sobre a relatividade xeral de José Daniel Edelstein. Estímase que unhas 300 persoas ateigaron ambos os dous espazos para descubrir O discreto oleaxe do cosmos.

Este programa inclúe outras tres charlas máis, ata o mes de maio, tocando todos os eidos das ciencias fundamentais. Cada conferencia é independente. Deste xeito, calquera cidadá poderá asistir á charla sobre a teoría que máis lle chame a atención, independentemente de ter acudido a algunha das anteriores charlas.

Os poñentes son científicos recoñecidos internacionalmente e que teñen habilidades relacionadas coa divulgación científica, asegurando deste xeito que a charla sexa amena e totalmente accesible a calquera cidadá que non teña nin o máis mínimo coñecemento científico.

A seguinte charla terá lugar o 9 marzo e será a cargo de María Elena Vázquez, que centrará a conferencia nas matemáticas, base de todo coñecemento científico, e aproveitando que se celebra o Día Internacional da Muller, tratará o papel da muller na ciencia.

Elena González será a encargada de impartir a charla O estrambótico mundo cuántico en abril, versando na física cuántica, na que presentará un mundo que parece escapar ao entendemento humán. Pecha a conferencia Xurxo Mariña, con Unha viaxe á maquina da mente, sobre a neurociencia, onde se indagará o cerebro, a súa estrutura e as súas funcións. Previsiblemente, no mes de xuño terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre a conciencia, un dos temas máis difíciles de abordar dende a perspectiva científica.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o programa Achegando a ciencia ao Vello Cárcere | Descargar mp3

Noticias relacionadas