Xoves, 25 de xuño de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Centro de Convivencia da Milagrosa organiza unha visita guiada á excursión ó Parque Experimental Sotavento para un máximo de 50 persoas que comenzará as 10:30 horas e será de dous horas de duración, sendo a Praza de Bretaña o punto de saída e de chegada. A continuación, terá lugar o almorzo que será por conta das persoas participantes na área recreativa das Pontes de García Rodríguez onde se pasará o resto da tarde. O coste desta actividade será de 4,12€ por persoa.
Os asistentes, que deberán estar empadronados no Concello de Lugo, poderán presentar as solicitudes os días 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo de 9:00 a 13:00 horas no centro de convivencia A Milagrosa. Tras un sorteo público informático que se celebrará o 2 de xullo, a publicación no taboleiro do centro da listaxe provisional será o 3 de xullo, dando prioridade ás familias en situación de vulnerabilidade. As persoas admitidas deberán facer o pago da cota entre o 3 e o 6 de xullo, procedendo á publicación da listaxe definitiva o 7 de xullo no taboleiro do centro.
Documentos
- Programa | Descargar pdf
- Bases | Descargar pdf

