Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo informa da excursión ao Parque Eólico Experimental Sotavento o próximo sábado 11 de xullo

O Concello de Lugo informa da excursión ao Parque Eólico Experimental Sotavento o próximo sábado 11 de xullo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural
Xoves, 25 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Convivencia da Milagrosa organiza unha visita guiada á excursión ó Parque Experimental Sotavento para un máximo de 50 persoas que comenzará as 10:30 horas e será de dous horas de duración, sendo a Praza de Bretaña o punto de saída e de chegada. A continuación, terá lugar o almorzo que será por conta das persoas participantes na área recreativa das Pontes de García Rodríguez onde se pasará o resto da tarde. O coste desta actividade será de 4,12€ por persoa.

Os asistentes, que deberán estar empadronados no Concello de Lugo, poderán presentar as solicitudes os días 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo de 9:00 a 13:00 horas no centro de convivencia A Milagrosa. Tras un sorteo público informático que se celebrará o 2 de xullo, a publicación no taboleiro do centro da listaxe provisional será o 3 de xullo, dando prioridade ás familias en situación de vulnerabilidade. As persoas admitidas deberán facer o pago da cota entre o 3 e o 6 de xullo, procedendo á publicación da listaxe definitiva o 7 de xullo no taboleiro do centro.
 
Documentos
  • Programa | Descargar pdf [1]
  • Bases | Descargar pdf [2]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-informa-da-excursion-ao-parque-eolico-experimental-sotavento-o-proximo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/excursion_ao_parque_eolico_experimental_sotavento_1.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_excursion_0.pdf