A Escola Municipal de Música publica os horarios do vindeiro curso

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música vén de publicar a citación de alumnos e alumnas, día e horas de cada materia no taboleiro das súas propias instalacións para o vindeiro curso.

O vindeiro mércores, 12 de setembro, será a elección de horario de Linguaxe Musical, Música e Movemento e Formación Básica. A elección dos instrumentos será o día 13, ambas en horario de tarde. Para os grupos ou materias que non están expostas no taboleiro, a súa presentación será o primeiro día de clases, o día 17 de setembro.

Noticias relacionadas