Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Escola Municipal de Música publica os horarios do vindeiro curso

A Escola Municipal de Música publica os horarios do vindeiro curso

  • Tema
    • Música,
    • Formación
Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música vén de publicar a citación de alumnos e alumnas, día e horas de cada materia no taboleiro das súas propias instalacións para o vindeiro curso.

O vindeiro mércores, 12 de setembro, será a elección de horario de Linguaxe Musical, Música e Movemento e Formación Básica. A elección dos instrumentos será o día 13, ambas en horario de tarde. Para os grupos ou materias que non están expostas no taboleiro, a súa presentación será o primeiro día de clases, o día 17 de setembro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escola-municipal-de-musica-publica-os-horarios-do-vindeiro-curso