Domingo, 06 de xuño de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo inicia os actos de celebración da festividade do Corpus, previos á ofrenda este domingo, día 6. Consistiron nunha misa, ás once, na Praza de Santa María á que asistiu a Corporación lucense presidida pola Alcaldesa.
O día 12 celebraranse as solemnes vésperas de Corpus, ás oito da tarde, na Catedral Basílica e o día da Ofrenda ao Santísimo terá lugar o 13 de xuño, ás doce da mañá.