A Comisión de Contas aborda as alegacións ao Orzamento, que debaterá o Pleno o martes

Xoves, 12 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Comisión Especial de Contas e Ordinaria de Desenvolvemento Económico abordou este xoves como único punto na orde do día a proposta de resolución das alegacións presentadas ao Orzamento e toma de razón da aprobación definitiva das contas que o Goberno local elevará a Pleno nunha sesión extraordinaria o vindeiro martes, proposta baseada nos informes técnicos elaborados polos servizos municipais de Intervención e Secretaría.

Estes ditames determinan inadmitir ou desestimar todas as alegacións aos presupostos, presentadas pola CIG, CSIF, CC.OO., Ágora e un militante de Ciudadanos, a excepción da relativa á eliminación dos postos non ocupados e orzamentados na plantilla sen reflexo na relación de postos de traballo, alegación que formularon Ágora, CSIF, CC.OO. e o militante de Ciudadanos, e que se propón admitir.

A previsión do Goberno é que tras o Pleno, os Orzamentos deste ano, que con 95,3M€ son os máis investidores da última década, entren en vigor a finais de semana, esto é, ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Deste xeito, o Executivo dispoñerá de recursos económicos para acometer, entre outras actuacións, o Plan de Barrios, os ascensores do Sagrado Corazón e Fontiñas, o plan de mellora da mobilidade no casco histórico, o centro social da Piringalla, ou melloras nos parques infantís.

Noticias relacionadas