A alcaldesa abordará a reorganización dos accesos do casco histórico, así como das zonas e os horarios de carga e descarga

Lara Méndez manterá unha reunión da Comisión de Tráfico, con carácter monográfico sobre este tema, que se celebrará o vindeiro venres, día 10.

Aplicarase unha vez que se active o novo sistema de lectura de matrículas para acceder ao interior da muralla, co fin de axilizar entradas e saídas e reducir o tempo de estancia.

Mércores, 08 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa abordará a reorganización dos accesos do casco histórico, así como das zonas e os horarios de carga e descarga

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, abordará a reorganización dos accesos ao casco histórico (entradas e saídas), así como dos itinerarios e as zonas e os horarios de carga e descarga, que se porán en marcha cando comece a funcionar o novo sistema de control de acceso do tráfico rodado.

Este novo sistema, que consistie na substitución dos bolardos retráctiles actuais por cámaras de lectura das matrículas, permitirá axilizar as entradas e saídas dos vehículos no centro histórico e reducir a súa estancia nel, rebaixando, seguindo a aposta da rexedora por un Lugo máis ecolóxico, os niveis de contaminación medioambiental e de emisións de CO2, así como a contaminación acústica e de vibracións.

As cámaras de captura de matrículas, que tamén incorporarán de maneira automática o expediente sancionador de quen incumpre para evitar a picaresca actual, estarán instaladas en sete localizacións: Rúa Villalba, Porta de Santiago, Porta Miña, Praza de Santo Domingo, Rúa Progreso, Praza da Constitución e Rúa Quiroga Ballesteros.

Os permisos de accesos manteranse como até agora cos residentes, preto de 3.000 existen na actualidade, así como cos vehículos de carga e descarga e os permisos especiais.

Para estudiar esta reorganización, Lara Méndez convocou á Comisión de Tráfico para este venres, día 10, ás 9.00 horas, na que estarán membros do Goberno local e técnicos municipais.

Noticias relacionadas