Servizo Municipal de Comedores Escolares

PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS COMEDORES ESCOLARES E SERVIZO DE MADRUGADORES PARA O CURSO 2026/2027

  • Usuario fixo para comenzar en setembro: Do 10 a 30 agosto.
  • Usuario fixo resto dos meses: Antes do 22 do mes anterior ao que queira comenzar.
  • Usuario esporádico: Antes das 20:00 horas dodía lectivoanterior o día de uso.

O Servizo de Educación presta o servizo municipal de comedores escolares, encargado da elaboración de comidas, distribución ás mesas e reparto entre as nenas e nenos, ademais da vixilancia e limpeza do comedor.

Este servizo préstase nos comedores dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón, así como na escola de educación infantil Fingoi 2.  En todos estes centros préstanse os servizos de madrugadores e xantar. Ademais no resto de CEIP ofértase o servizo de madrugadoras e madrugadores.

As persoas interesadas en solicitar a alta no servizo como usuarias, deberán rexistrarse a través da APP de comedores COLECHEF. Para descargar a App, pódese visitar a web https://colechef.com/, onde se vos redirixe a Google Play ou a App Store (segundo o dispositivo).

Para máis información sobre o procedemento de rexistro e contratación, pódense consultar os documentos descargables.

Para coñecer mais detalles acerca do servizo pódese consultar o documento “Información e condición dos comedores”.

Axuda coa APP

Menús de almorzo e xantar - CURSO 2025/2026

 

+ info

Servizo Municipal de Comedores Escolares