
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, participou este venres no Teatro Real de Madrid no acto de entrega de diplomas ás festas de interese turístico nacional e internacional que obtiveron este recoñecemento en 2023 e 2024, organizado polo Ministerio de Industria e Turismo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez, quen estivo acompañada polo presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, Isidoro Rodríguez.

A Concellería de Benestar Social e Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, recibiu preto de 2.600 solicitudes de matrícula en algunha das trinta actividades de animación sociocultural para esta tempada, que se desenvolverán en dez centros de convivencia municipais.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou un novo ciclo de actividades para nenas e nenos no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros.

O Caudal Fest, a última gran festa do verán impulsada polo Concello de Lugo, esgotou en apenas dous días os 5.000 primeiros abonos para a súa sétima edición, que terá lugar os días 19 e 20 de setembro do vindeiro ano e que volverá a contar con bandas e artistas de referencia no panorama nacional.
O Concello de Lugo informa de que a partir desta tarde a Área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, está a realizar o peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos do suroeste que poden deixar refachos de ata 80 km por h

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello a Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo.

O Executivo de Paula Alvarellos busca impulsar a inserción laboral do alumnado do obradoro ArquivaLugo, que se está a impartir de forma presencial nas dependencias municipais do CEI Nodus, con axudas de 1.500 euros para as empresas interesadas na súa contratación.

O Concello de Lugo, a través da Área de Xuventude e Deportes, oferta máis de 3.500 prazas para as actividades de natación e exercicio nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras durante o curso 2024/2025.

Venda ambulante non autorizada
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- …
- seguinte ›
- última »