"O Banco de Alimentos é un piar fundamental na loita contra a desigualdade en Lugo", destacou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello a Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo. Alvarellos salientou a importancia de seguir apoiando o traballo da entidade, que presta axuda a máis de 1.700 familias en toda a provincia: "O Banco de Alimentos é un piar fundamental na loita contra a desigualdade en Lugo, e desde o Goberno local estamos comprometidos en seguir colaborando coa súa causa."
Durante a reunión, Núñez explicou as necesidades máis urxentes da organización, incluíndo a reparación dos vehículos de distribución. A alcaldesa, pola súa parte, valorou o compromiso e esforzo do equipo do banco: "A dedicación de Amadora e dos voluntarios marca unha gran diferenza na vida de moitas persoas en situación de vulnerabilidade."

