
O goberno de Lara Méndez recorrerá á vía da compensación para resarcir a aqueles veciños e e veciñas que adquiriron abonos temporais para servizos municipais que agora permanecen pechados pola crise sanitaria.

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que “dende o concello de Lugo poñemos a disposición de todas as escolares e estudantes un servizo de impresión de materiais educativos”.

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería a Muller, quere lembrarlle ás mulleres vítimas de violencia de xénero que os servizos de apoio, tanto municipais como xerais, seguen operativos a pesar da situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá as liñas concretas do Plan Reanima Lugo, que contará cun financiamento municipal de 5 millóns de euros destinados a protexer os postos de traballo no municipio e a inxectarlle liquidez aos autónomos, microempresas e pemes que se están vendo af

O Concello de Lugo vén de recibir este mediodía material de protección ante o coronavirus remitido pola executivo galego, o primeiro que chega á institución local. A alcaldesa, Lara Méndez, agradecía o envío da Xunta de Galicia.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, inaugurou hoxe, a través de videoconferencia, a quinta edición do programa Inicia Coworking, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O Concello de Lugo colabora coa Consellería de Sanidade na abordaxe das necesidades xurdidas pola crise na que está a derivar a propagación do coronavirus.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.
A área de Mobilidade, seguindo a orde TMA/306/2020 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, adaptará as frecuencias do servizo de transporte urbano do concello de Lugo.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que, para tentar reducir as consecuencias que a crise sanitaria do COVID19 producirá no sector cultural, “dende a área de Cultura estamos traballando para reprogramar o calendario de actividades culturais do 2020”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 608
- 609
- 610
- 611
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- …
- seguinte ›
- última »