A concellaría da Muller lembra ás mulleres vítimas da violencia de xénero que os servizos de apoio seguen operativos

A concelleira Ana González Abelleira alerta de que o confinamento “pode xerar un aumento das violencias machistas” e pide que se denuncien

O teléfono 016 atende de xeito permanente e non deixa pegada

A Casa da Muller de Lugo tamén atende as consultas a través do teléfono 982.29.74.12  e no correo cmuller@concellodelugo.org

Venres, 03 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellaría da Muller lembra ás mulleres vítimas da violencia de xénero que os servizos de apoio seguen operativos

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería a Muller, quere lembrarlle ás mulleres vítimas de violencia de xénero que os servizos de apoio, tanto municipais como xerais, seguen operativos a pesar da situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

A concelleira da área, Ana González Abelleira, alerta de que o confinamento derivado das medidas adoptadas para evitar o contaxio do coronavirus pode xerar un aumento das violencias machistas. “Debemos estar alerta e as mulleres teñen que denunciar sen dubidalo”, sostén. “Con esta pandemia tamén se crea unha situación onde é imprescindible a colaboración e denuncia da veciñanza se se detecta algún caso”, insiste a edil.

Os servizos municipais seguen activos, desde a Casa da Muller (de 08:00 a 15:00 horas), e tamén vía telefónica (982.29.74.12) e por correo electrónico cmuller@concellodelugo.org.

A concelleira agradece a todo o persoal que está traballando no eido da Muller a súa gran implicación na loita contra a violencia de xénero, “aínda nestas circunstancias máis complexas”.

Lembramos tamén os recursos xerais:

  • 016 – Delegación do Goberno contra a violencia de xénero. A chamada non deixa pegada.
  • 016-online@mscbs.es, no caso de que as mulleres non poidan falar.
  • 012 – Rede de atención integral para a violencia de xénero. Se se cre que está ante unha situación de violencia de xénero.
  • 900.11.60.16 – Atención a vítimas de violencia de xénero.
  • Novo servizo de atención psicolóxica por Whatsapp. 682.91.61.36 / 682.50.85.07
  • Aplicación móbil  gratuíta da Policía e a Garda Civil para reportar todo tipo de delitos, incluídas agresións sexuais e violencia de xénero. É unha ferramenta que localiza á vítima por xeolocalización: https://alertcops.ses.mir.es/mialertcops/
  • 900.11.60.16 – Atención a vítimas de violencia de xénero con diversidade funcional  auditiva ou da fala.
  • Asesoramento xurídico www.igualdade@xunta.gal
  • 900.10.50.90 – Ante situacións de trata ou explotación sexual.

Audio

  • A edil Ana González Abelleira, sobre a violencia de xénero, no confinamento | Descargar mp3

Noticias relacionadas